O grupo galego de improvisação livre VOLONTÈ, de Roberto Mallo Garcia (guitarra e efeitos), Rafael Mallo Garcia (bateria e percussão), Óscar Vilariño (baixo e efeitos) e Miguel Prado (guitarra e efeitos), depois de muito porfiar dentro de portas vai finalmente debutar ao vivo na cidade da Corunha (Fórum Metropolitano), no próximo 4 de Outubro. A performance de estreia servirá de banda sonora instantânea para o filme Celovek's Kinoapparatom, do realizador russo Dziga Vertov. VOLONTÈ NO FORUM METROPOLITANO DA CORUÑA
Volontè é un grupo coruñés adicado á música improvisada que debutará en directo no Fórum Metropolitano da Coruña o día 4 de outubro. No concerto o grupo porá banda sonora á película muda Celovek´s Kinoapparatom (O home da cámara) do realizador ruso Dziga Vertov (1895 – 1954).
O home da cámara está composto de esceas da actividade cotiá de San Petersburgo, sobre todo tomas das rúas pero tamén do traballo e a vida doméstica. Anacos de realidade tomados de improviso (Vertov chámaos “frases fílmicas”) que alternándose uns con outros nunha rápida sucesión trazan unha especie de alegoría real que identifica o vértigo da modernidade urbana e os seus contrastes sociais e económicos co proceso mésmo da documentación e edición cinematográfica.
O grupo Volontè nace na Coruña no 2005 ao unirse o guitarrista Roberto Mallo ao seu irmán Rafael Mallo (batería) e con Óscar Vilariño (baixo), compoñentes ambos do grupo Triquinoise (actualmente coñecidos como Devalo). Despóis de xuntarse para improvisar durante varios meses, convidan ao guitarrista Miguel Prado; compoñente ao mesmo tempo de Triquinoise/Devalo e Triángulo de Amor Bizarro. Unha vez como cuarteto, realizan varias gravacións que poñen a disposición do público a través do seu podcast: volonte.podomatic.com. Despois de case un ano de existencia deciden facer a sua presentación ao público poñendo banda sonora á película de Dziga Vertov Celovek’s Kinoapparatom.
O concerto terá lugar na sala de cine do Fórum Metropolitano da Coruña o mércores 4 de outubro ás 20:30. A entrada será de 3 €.