«Os próximos días 31 de outubro e 28 de novembro terán lugar os dous concertos que compoñen o Festival Fase de Música Improvisada 2008 (FFMI) na súa primeira edición. Este festival está organizado pola Asociación Cultural Fase coa axuda da Fundación Luis Seoane. O día 31 de outubro terá lugar a primeira colaboración en directo entre o neerlandés Jozef Van Wissem (laúde) e o galego Miguel Prado (guitarra). O segundo concerto será o 28 de novembro e constituirá a primeira actuación en Galicia do dúo formado por Radu Malfatti e Taku Unami, dous dos músicos máis activos na música de vangarda actual. Ambos concertos comezarán ás 22.30 h e serán de entrada libre. Terán lugar no salón de actos da Fundación Luis Seoane, A Coruña».