Jose Ghast sobre The Radiant Mirror, de Michael Flower e Chris Corsano, em Galego: "Estas alturas é totalmente innecesario presentar a Chris Corsano, sobradamente coñecido polo seu traballo con Paul Flaherty (The Beloved Music é IM-PRES-CIN-DI-BLE, queda dito), Thurston Moore, Sunburned Hand of the Man, Jim O’Rourke, Keiji Haino e un longo etc. Batería excepcional e improvisador completo; xuntouse con Michael Flower, de Vibracathedral Orchestra, para gravar The Radiant Mirror. Editado hai pouco polo selo francés Textile, é a perfecta combinación entre as polirritmias de Corsano (algo máis contido que noutras gravacións e un pouco atrás na mestura, pero sobresaínte) e o “banjo xaponés” (unha especie de combinación de sitar e lap steel) de Flower adícase a facer drones como un animal. Foi gravado en directo o 21 de xaneiro de 2006 en Instants Chavirés, un local nos arrabaldes de París e tes que correr pola túa copia… xá!". Bem na onda Vibracathedral Orchestra, Acid Mothers Temple, Ashtray Navigations, Sunroof!, Terracid, Sunburned Hand Of The Man e de outros grupos de distintos cavalheiros ruidistas.